tag:blogger.com,1999:blog-21360725044719758522024-03-05T16:00:35.839+01:00Terras dos LapatiancosMorganahttp://www.blogger.com/profile/00474115293774554281noreply@blogger.comBlogger7125tag:blogger.com,1999:blog-2136072504471975852.post-58600168645095965232013-10-31T20:36:00.000+01:002017-03-22T13:12:57.015+01:00O Samaín: apertura a outro mundo
Despois dun longo tempo sen poder escribir, por fin atopo un momento para adicarlle ao blog...
A ocasión non merece menos, estes días no xornal podíase ler o seguinte: "... la fiesta de Halloween se ha acabado convirtiendo en nuestro país en una de las celebraciones más divertidas y esperadas. En Galicia, la tradicional fiesta de los muertos tiene nombre propio y aún basándose en una temática completamente similar, los gallegos denominan al Halloween como O Samaín..."
E non puiden resistir sen facer unhas consideracións ao respecto...
Samhain, na súa etimoloxía gaélica significa fin do verán.
Segundo a cultura prerromana (chamémoslle Celta ou Atlántica) a noite do 31 de outubro celebrábase o final da tempada de colleitas e tamén a transición ao ano novo, o cal se asimilaba como a apertura a outro mundo.
A festividade céltica do Samaín descríbese como unha comunión cos espíritos dos defuntos que, nesta data, teñen autorización para camiñar entre os vivos, dándolle á xente a oportunidade de reunirse cos seus antepasados mortos.
Para manter os espíritos contentos, e alonxar aos malos do fogar, era costume deixar comida e o lume acendido toda a noite. Os osos dos animais sacrificados, durante aprovisionamento para a época escura ou inverno, botábanse tamén na fogueira.
Tras a conquista por parte dos romanos, estes actos víronse influenciados polas festividades en honra á deusa romana da colleita, Pomona.
Máis tarde, coa cristianización, estas prácticas foron consideradas como herexía e con este pretexto ( e co fin de afianzar o seu dominio político e social sobre os pobos paganos) a Igrexa adaptou e convertíu esta festividade ao cristianismo baixo o nome de "todos os santos".
A Igrexa no seu cometido de cristianización e sometemento, coa demonización das crenzas existentes, non foi quen de "eliminar" por completo estas actuacións tradicionais (como pasou no caso do Nadal ou a Pascua onde o pobo esqueceu a verdadeira orixe da festa), que foron evolucionando no tempo e das cales aínda se conservan vestixios.
Así en Galicia, sobrevive a tradición do tallado das cabazas (inicialmente calaveiras e logo nabos, posteriormente cabazas por influencia irlandesa) que nalgún tempo, unha vez secas se gardaban para usar como máscaras no entroido.
En Irlanda ademáis do anterior, a costume de deixar a comida para os espíritos dos que marcharon evolucionou ata convertirse en ir de casa en casa pedindo dulces, moi extendido entre os nenos.
Foi tamén coa emigración dos irlandeses como chegou o Samaín ou Halloween (contracción de All Hallows´Eve : víspera de tódolos santos) a América, extendéndose ( e recollendo outras influencias) na zona norte do continente, para chegar a ser unha celebración multitudinariamente coñecida (pola súa difusión na televisión, cine, etc) incluso por poboacións, inicialmente, alleas a este tipo de costumes.
E así é como na actualidade, volve a chegar a nós (a través da prensa, centros comerciais, etc) un pedazo da nosa cultura máis ancestral (agora con influencias recollidas por todo o mundo) unha tradición, que xa era nosa, pero que moitos pensan que non é máis que unha adaptación dunha costume americana, por descoñecemento da historia e da súa propia cultura.
Dende aquí, animo a todos a coñecer e participar dunha tradición, cuxa orixe se perde na noite dos tempos, e que aínda fai perdurar entre nós dunha maneira moi primitiva un dos ritos máis antigos entorno á morte.
Morganahttp://www.blogger.com/profile/00474115293774554281noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2136072504471975852.post-84524967450381176592011-12-19T14:27:00.000+01:002011-12-19T14:27:31.382+01:00Acaba o ano
Cando xa quedan poucos días para que remate o 2011, cumplése un ano do incio da miña andaina neste blog.
Aínda que non sirva de excusa, o certo é que por unhas circunstancias ou por outras foime imposible facer as actualizacións que me houbese gustado ... e polo tanto quero pedir disculpas polo estado de abandono que sufre dende hai unha tempada.
Aínda así, sei que hai seguidores que periódicamente botan unha ollada para ver se houbo algunha publicación nova e outros que me animan continuamente a que busque un momento libre para adicarlle ao blog, a todos eles quero mostrar a miña gratitude por adicarme parte do seu tempo e tamén pola súa fidelidade a pesar de todo.
Só me queda comentar que a partir de agora espero poder pasar un pouco máis de tempo por aquí.
Bó Nadal a tod@s.
Morganahttp://www.blogger.com/profile/00474115293774554281noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2136072504471975852.post-44176961750583882082011-05-10T19:40:00.001+02:002017-03-22T13:25:46.694+01:00Pasou o día, pasou a romería.
Non é que sexa eu moi devota, pero o tema de hoxe ten relación cos santos...
Vén de celebrarse a tradicional festa de Sta Lucía da Fraga (Os Casás) no concello de Cerdido, festa que recordo dende ben pequena, cando xa non era nin por asomo o que foi nos seus tempos de esplendor, cando xente de todo o contorno viña de romería a esta pequena capela situada ás portas da Fraga dos Casás.
Viñan buses cheos de romeiros visitar á santa e quedaban de merenda nos arredores, que por aqueles tempos non estaban adicados ao aproveitamento forestal. Quizais máis importante que a santa era a típica visita á fonte, onde como manda a tradición hai que lavar os ollos, para protexelos ou curalos dos males da vista, tradición que aínda recordo "en vixencia". O rito, que se supón pagán nos seus inicios (atribución de propiedades curativas e máxicas ós elementos da terra, neste caso a auga), foi adaptado pola igrexa coa inclusión da santa protectora dos ollos e así se conserva ata o día de hoxe.
Lástima que daquel entorno idílico do que oimos falar a nosos pais e avós non queden máis que recordos. Aínda que a festa se segue celebrando, cada vez aseméllase máis á típica festa parroquial, deixando de lado o que no seu día foi o que lle deu a importancia ao evento e o convertía nalgo singular. Proba disto é a "rehabilitación" que se fixo da zona, que lonxe de acondicionala como área recreativa, a meu xuizo o que fixo foi empeorala, iso sí quedou un sitio ben amplo para que o camión da orquesta poida virar con gusto, pero perdeu todo o encanto que posuía.
Da mesma maneira o camiño de baixada á fonte, aínda que un pouco sinuoso era transitable..., sendo consciente de que precisaba unha mellora para favorecer o acceso de persoas con movilidade reducida, convertírono nunha amplo camiño no que case se pode ir co coche, facéndoo desaparecer do seu lugar orixinal...traballo de palas que arrasou incluso con vellas pedras con curiosas inscripcións, que descansaban dende tempos inmemoriais na beira da fonte, quedando no mellor dos casos sepultadas debaixo de toda a terra que se moveu para facer a obra.
Con estas palabras non pretendo máis que manifestar o que me pasa pola cabeza ao ver como quedou o lugar, no que se fixeron certas obras que dá impresión quedaron sen rematar.
Non vou negar que os tempos cambian e con eles os usos da terra, e así o que antes era labradío agora xa non o é, cambiando o entorno do lugar, non tendo porque ser isto necesariamente negativo; certas melloras nas vías de acceso e no solo da zona fanse necesarias para poder desenvolver actividades no lugar. Pero o que podía ser unha bonita área de lecer, permanece agora coma un sitio sen identidade, extraño aos ollos de quen o coñeceu antes, e nun estado que semella certo descuido.
A importancia dun lugar non sempre se mide polo tamaño dos vehículos que poden chegar a el.
Morganahttp://www.blogger.com/profile/00474115293774554281noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-2136072504471975852.post-24357464549883067862011-03-29T00:38:00.002+02:002017-03-22T13:23:14.467+01:00Somos o que comemos
Agora que rematou o entroido, época de comidas tradicionais e excesos, vénseme á cabeza a frase aquela que di: Somos o que comemos...
Quizá tan importante como a base da alimentación é a maneira de preparala, os ritos que presiden a preparación desa comida, é ahí onde aparece a especificidade de cada pobo. A gastronomía é o reflexo do que pasa no interior dunha sociedade, e polo tanto, os cambios que van acontecendo nesta vanse trasladando tamén á mesa.
Segundo os antropólogos, as civilizacións pódense dividir en dúas: as do cocido e as do asado. De maneira indiscutible (os mitos e lendas que concernen ao pote non nos son alleas) pertencemos á do cocido, como formaron parte dela no seu día os celtas; herdanza ésta que xunto coa do porco como animal fetiche e os rituais festivos a propósito da matanza deste, conservamos deses días.
O porco foi considerado unha riqueza e un dos poderes do máis aló, asociado tamén á abundancia (non hai máis que pensar na forma típica que se lle deu ao recipiente para gardar os aforros...). Se xa os celtas eran grandes comedores de porco, na Idade Media chegou a ser o animal totémico da familia Andrade conservándose como vestixios na zona, as imaxes do porco e xabarín na igrexa de San Martiño de Cerdido, entre outras.
Lonxe de pretender facer un monográfico do porco e a súa importancia (que tamén sería moi interesante) o que pretendo facer é unha reflexión sobre como mudaron os costumes relacionados coa alimentación.
Como cada vez debido á axetreada vida que levamos, se lle presta menos tempo e atención á preparación da comida, sendo típico escoitar: "xa como calquera cousa..." deixándonos levar por productos elaborados e precociñados de " 5 minutos e ao plato" e unido a isto tamén se vai perdendo o momento social da hora da comida, xa van a menos as grandes xuntanzas de festas e patróns, permanecendo ainda esporádicamente vellas costumes como invitar a familiares e veciños na matanza...
Existe moito desinterés e desinformación polas materias primas, a súa calidade e procedencia, así como desprecio polas actividades agrícolas e gandeiras, algún debe pensar que o leite nace nos bricks dentro do supermercado...
Morganahttp://www.blogger.com/profile/00474115293774554281noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-2136072504471975852.post-39894500427274640252011-01-27T02:27:00.001+01:002017-03-22T13:19:22.011+01:00O tren que me leva...
Hoxe quero determe a falar dalgo, que aínda que pasa desapercibido para moita xente; ten dous factores determinantes para ser aquí resaltado. Por un lado, moitos dos que por esta terra habitamos, somos descendentes daquelas xentes que viñeron a traballar na construcción desta infraestructura. Por outro lado, e dende o punto de vista máis universal, este tren une as terras de Lapatiancos entre sí, coa cidade de Ferrol, coa Mariña e ábrenos camiño por toda a cornixa cantábrica.
E como para comprender as cousas no presente, non hai nada mellor que saber algo da súa historia, alá imos:
Automotor Ferrol - Gijón
A idea de construir un ferrocarril que unise Ferrol con Gijón data do ano 1886, aprobando o Congreso o primeiro proxecto, o cal, tiña como finalidade unir os acuartelamentos de artillería de Ferrol coas fábricas de armas asturianas. O proxecto ínclúese no Plan de Ferrocarriles Secundarios de 1888, aínda que as obras non se iniciarían daquela.
No ano 1906 apróbase, incluído en Lei o proxecto calificado como Ferrocarril Estratéxico e asígnaselle unhas das súas características diferenciadoras técnicas máis importantes: ancho de vía de un metro e trazado, supostamente, protexido para fins militares (calquera o diría ao seu paso polas rías...)
Non é ata o ano 1921, cando se comezan as obras de construcción do ferrocarril, sendo precisamente no tramo Ferrol-Mera, no lado galego da liña.
Desgraciadamente leas localistas, a Guerra Civil, abandonos de contratas... fixeron que non fose ata o 1 de febreiro de 1962 cando se inagura o tramo Ferrol-Mera. Non é ata o ano 1972 o final da construcción e inaguración total da liña ata Gijón.
Polo tanto, non foron nin máis nin menos que 86 anos que separan o primeiro proxecto aprobado, ata a súa inaguración no 1972; resulta evidente que as necesidades que impulsaron a súa construcción mudaran totalmente.
Novas unidades Feve 2700
A construcción desta obra supuxo a construcción de enormes viaductos, túneis, pontes, taludes que axudan a salvar a complicada e fermosa orografía, extremo que só se pode comprobar, como non podía ser doutra maneira, facendo esta inolvidable viaxe.
Contada a historia, debemos situarnos nos días de hoxe. Feve (nome da empresa pública que explota a liña) presta servizo de transporte de viaxeiros e mercadorías. Aínda que agora mesmo non goza de mala saúde o tráfico de mercadorías na nosa terra, principalmente potenciado polo transporte de madeira dende Cerdido e Moeche ata Aranguren (ía sendo hora, aínda que creo que se podería sacar moito máis proveito); quero facer unha reflexión con respecto ao transporte de viaxeiros.
Resulta incrible ver a pasividade coa que as administracións ven baixar ano a ano o número de viaxeiros, namentras os horarios dos servizos non son adecuados para ir o traballo, para ir ao instituto... Apeadeiros como o de Moeche con accesos dignos de ser considerados trincheiras de guerra..... Cada día que pasa chámame máis a atención como se pode vivir de costas (tanto administración coma usuarios) a un dos considerados pilares do desenvolvemento, como é o transporte público.
Marcho, que xa sae o tren...
Morganahttp://www.blogger.com/profile/00474115293774554281noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2136072504471975852.post-38667615159385181702011-01-05T22:40:00.000+01:002017-03-22T13:15:36.821+01:00A importancia de chamarse...
Cada nome ten a súa importancia e tamén a súa historia.
A historia conta que os Lapatiancos eran unha tribu galaico prerromana, do pobo dos ártabros, que habitaba na zona que hoxe abrangue os concellos de Moeche, Cerdido, Cedeira, e incluso máis partes do Ortegal. Algunha bibliografía denomina ao Cabo Ortegal como Trileucum ou Lapatiencorum promonitorium (promontoiro dos Lapatiancos).
Se indagamos un pouco no significado da palabra: lap (alimentar) + pat (vaca) + sufixo -ancos = gandeiros, podemos concluir que seguramente non é froito da casualidade que a gandeiríra fose e seña unha das principais actividades económicas desta zona.
Desta época conservamos pegadas tan importantes como pode ser o topónimo Labacengos, no concello de Moeche; castros, mámoas ou medoñas, dolmens entre outras, espalladas pola xeografía deste territorio ocupado antano polos Lapatiancos, así coma unha infinidade de lendas e contos vencellados á existencia dos mesmos e que foron sobrevivindo de boca en boca ata chegar aos nosos días.
Como descendentes desta tribu, as xentes veciñas destes lares aínda mantemos fortes vinculacións sociais, que non se amoldan ás fronteiras e organizacións administrativas actuais.
Morganahttp://www.blogger.com/profile/00474115293774554281noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2136072504471975852.post-61242105963263537062010-12-21T23:47:00.004+01:002017-03-22T13:14:10.694+01:00O Comezo
Soe dicirse que as pequenas cousas son as que realmente importan; nun recuncho coma este non soen acontecer grandes feitos que saen no xornal, pero sí pequenas cousas do día a día, que pasan desapercibidas para a maioría da xente, e que son as que fan que a vida seña singular e diferente en cada lugar.
Cando está a piques de rematar o ano, iníciase este punto de encontro no que compartiremos opinións sobre as cousas cotiáns que van acontecendo nestas vellas Terras dos Lapatiancos. Dende a posibilidade que nos brinda a internet e có ánimo dun bó amigo tentarase dar difusión ao patrimonio cultural e natural existente na zona e ás inquedanzas de quen aquí vive.