martes, 21 de diciembre de 2010

O Comezo

Soe dicirse que as pequenas cousas son as que realmente importan; nun recuncho coma este non soen acontecer grandes feitos que saen no xornal, pero sí pequenas cousas do día a día, que pasan desapercibidas para a maioría da xente, e que son as que fan que a vida seña singular e diferente en cada lugar.

Cando está a piques de rematar o ano, iníciase este punto de encontro no que compartiremos opinións sobre as cousas cotiáns que van acontecendo nestas vellas Terras dos Lapatiancos. Dende a posibilidade que nos brinda a internet e có ánimo dun bó amigo tentarase dar difusión ao patrimonio cultural e natural existente na zona e ás inquedanzas de quen aquí vive. 

Gracias por compartir o voso tempo.

1 comentario:

  1. Benvida Morgana.
    Esperemoslle unha longa andaina a este Terras dos Lapatiancos.
    Habemos coincidir moitas veces no camiño.
    Saúdos

    ResponderEliminar